PARROQUIA DA CANICOUVA


  • Antes pertencía ao concello de Ponte Sampaio. Madoz descríbeo como un terreo montuoso combatido polos aires do Norte e do Sur. Carreras Candi sitúa nel dous montes: O Saramagoso e o Pedra Miranda.
  • Comprende só dous lugares: Canicouva procede do latín CANALE (congostra, canle profunda) + cova e Cacheira, terra de monte cavado. O Madoz indica que en Cacheiro  hai unha ermida dedicada a San Mauro, o seu terreo está cuberto de montes escarpados e pedregosos nos cales nace un regueiro que desauga no Caldelas.