actividades sobre o módulo de plástica

  • O exercizo que debe realizar o alumnado consiste en actualizar a mirada que no seu día Pier Maria Baldi inmortalizou no seu famoso gravado sobre Pontevedra, durante a viaxe na que o pintor acompañou a Cosme III de Médicis. 

 

  • A través da técnica do collage o alumnado debe pegar e actualizar esa mesma paisaxe, colocando enriba do gravado de 1669 os edificios máis simbólicos da cidade ou as pontes, destacando nunha mirada caleidoscópica a transformación desa mesma estampa na actualidade. Queremos reforzar os elementos que perduran, que dan identidade á cidade, que teñen un valor simbólico (Sta. María, S. Francisco, a ponte do Burgo) e aqueles outros que hoxe tamén teñen un significado potente, que non aparecen nesa imaxe do s. XVII (S. Bartolomé, a Peregrina, o mercado, novas pontes), e que se foron empastando cos anteriores. As imaxes icónicas que toda cidade ten e que hoxe denominamos skyline. Simplificamos a realidade a través dun xogo cubista e colorista en contraste coa limpeza e pureza de liñas do gravado.

1.- evolución sobre o traballo das imaxes icónicas de pontevedra

RESULTADO FINAL



Integración definitiva do traballo do alumnado sobre o gravado de Baldi

Fai click nas imaxes


2.-  deseñando o skyline da cidade



RESULTADO FINAL

Produto final do skyline da cidade, preparado para ser utilizado como elemento gráfico para deseños textis, artigos de escritorio, posters, cerámica etc...

Fai click na imaxe