patrimonio cultural


Patrimonio cultural

1.  Pescuda na páxina do concello, en concreto no apartado referido ás parroquias, sobre a existencia de elementos patrimoniais de tipo cultural  e fai unha relación dos bens que están catalogados e protexidos das parroquias de Marcón, Mourente, A Canicouva e Tomeza.  Clasifica os elementos do patrimonio cultural  presentes nas parroquias en función da súa vinculación coa auga, coa aldea e a produción agraria e coa vida máis espiritual.

2.   Cales son os elementos patrimonais que máis se repiten nesa relación? Que función terían no pasado eses elementos patrimonais máis repetidos?

3.   Que é unha mámoa? Onde se localizan no espazo que estamos a estudar? De época son?

4.  Que son os petróglifos? De que época son? Hai algún resto nas catro parroquias estudadas?

5.  Que son os castros? Localizamos algún castro nas catro parroquias estudadas? Consérvanse restos?   Hai algún topónimo que evidencie a súa presenza? De que época son?

6.    Como funciona un muíño de auga? Para que servía? Pescuda os tipos de muíños que había.

7.   Que importancia terían as levadas de auga?

8.   As fontes e os lavadoiros son lugares moi importantes nas aldeas, por que?

            9.   Pescuda nas partes que ten un cruceiro. Que artista, intelectual e político galego se interesou                       polas cruces de pedra? Que función terían?