PAISAXES INDUSTRIAIS


Dende a Fracha tamén podemos divisar o Polígono industrial  de O Campiño

  • Este polígono, emprazado ao pé da Fracha, comparte superficie entre os concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas. A saturación do espazo no concello de Pontevedra obriga a localizar esta área industrial nun lugar elevado e alonxado das grandes arterias de comunicación (a 8 km da A-9, a 14 km do porto de Marín, a 8 km da vía férrea Vigo- A Coruña). Esta localización provoca unha saturación da estrada que comunica Pontevedra con Ponte Caldelas ( C-531), insuficiente para o tipo de tráfico que debe soportar, polo que na actualidade vai procederse á construción dun acceso, moi contestado polo veciños do val do río Pintos, que conectará a A-9 co polígono. Obviamente un lugar que move moito tráfico pesado debe ter unhas conexións á altura do que se espera dunha área industrial, pero o impacto paisaxístico da obra e a transformación dos lugares afectados por esa infraestrutura xera moita contestación social. Unha vez máis estamos ante unha polémica moi frecuente en Galicia onde polo tipo de ocupación tradicional do territorio a base de pequenas aldeas, apenas hai espazo para instalar grandes infraestruturas, facendo moi incómoda a convivencia de usos agrarios, residenciais, industriais, de transporte... A falta de ordenación do territorio xera uns impactos moi negativos que reducen a calidade de vida.

  

  • Na actualidade hai máis de 30 empresas adicadas a diversos sectores. Destacan as empresas pertencentes ao sector alimentario, construción, téxtil, servizos a empresas, automoción e suministros de carburantes.

 

  • Este polígono foi inaugurado en 1994 para acoller actividade de tipo industrial e comercial. Xestionado polo Concello de Pontevedra, foi promovido polo IGVS (Instituto galego de vivenda e solo), nunha primeira fase e Xestur Pontevedra na segunda fase.

Imaxe do poligono do Campiño nos terreos que corresponden con Pontevedra. Podemos observar o pico da Fracha no fondo.  Imaxe da páxina web

 

  • Un polígono ten que posuír unha serie de servizos para facer atractiva a venda das 87 parcelas:

         Alumeado público, subministro de auga e luz, rede de sumidoiros, gas, depuradora, recollida de lixo, servizo          de vixilancia, heliporto, hotel, rede contra incendios...

 

  • A proximidade destas empresas ao compartir o mesmo espazo acaba por xerar unha relación entre elas de colaboración que redunda na creación de asociacións. Para saber en detalle as empresas que pertencen á asociación.