XOGANDO COS TOPÓNIMOS


actividade introdutoria

  • Unha boa maneira aproximármonos á toponimia é escoitando a un dos especialistas na materia, a Gonzalo Navaza, profesor na Universidade de Vigo.  Formou parte da Comisión de Toponimia; esta ocupábase de decidir os nomes de lugar oficiais dos concellos, parroquias e lugares das catro provincias galegas. As decisións que se tomaron nas súas reunións envorcáronse na  publicación do Nomenclator, primeiramente publicado en papel e despois dispoñible de balde na rede.
  • Escoita os vinte primeiros minutos do vídeo de Gonzalo Navaza Blanco “Que é a toponimia?” (co que se abriu o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia no ano 2001) e responde despois ás preguntas formuladas máis abaixo:

 

a)     A que outras facetas de Gonzalo Navaza alude a súa presentadora?

b)     Interésalle remarcar o gran número de nomes de lugar que encontramos en Galiza fronte a outros lugares             da península ou mesmo do mundo. Cales son as tres razóns que dá para explicar este feito?

 c)    Está de acordo coa tradicional división entre toponimia maior e toponimia menor ou microtoponimia? Que             argumenta?

Relaciona os seguintes topónimos co hiperónimo que lle corresponda

  • A Laxe, O Outeiro, Pumariño, A Ermida, as illas Erbedosas, Cons, , Pontevedra, Peralba, Pedra de Lagarto, San Pedro, Carracido, A Fracha.

Os seguintes topónimos son transparentes, é dicir, o seu significado está claro, só tes que buscalo no dicionario.

Unha vez que copiaches as definicións con que relacionas a maioría deles?

  • A Barcia, Carabelos, O Pombal, A Bouza, A Raxeira, A Carballa

Quiniela de xentilicios

  • Os sufixos máis frecuentes para formar os xentilicios en galego son: -és/-esa, -án/-á ou –ao/-á, ego/-ega, -iño/-iña, -eiro/-eira, -exo/-exa… Dividide a clase en dous grupos e contabilizade ao final quen obtivo máis acertos. Tamén debedes indicar que xentilicios ou alcumes se relacionan cos topónimos aludidos nesta unidade didáctica e cales non.

Indica cales destes topónimos...

  • ...se inclúen na zona que vemos desde o monte da Fracha e a que concello e parroquia pertencen. Se algún pensas que é inventado indícao.

Xogo literario

  • Inventa ti topónimos partindo dalgunha palabra do dicionario e fai corresponder cada un cun microrrelato, é dicir, cunha historia coa que o relacione a túa imaxinación. Se cadra o teu nome ten éxito e pídecha prestada algún construtor para bautizar novos edificios, parques, prazas, urbanizacións!

  • Exemplo: O Arnaltoco. –Inventa un conto no que un lagarto arnal perderá unha das súas extremidades por algún motivo. Podes ter en conta as fermosas e vivas cores deste animal, ademais beneficioso para a agricultura, porque se alimenta de ratos, insectos, vermes...