microtoponimia


  • Vídeo introdutorio realizado por Francisco Freire, na páxina web da Asociación Galega de Onomástica .
  • O seu estudo esixe un traballo de campo minucioso, urxente e con frecuencia complexo, porque ao desapareceren as persoas máis vellas do lugar resulta difícil coñecer a orixe destes microtopónimos e mesmo, ás veces, saber da súa existencia. De aí que a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia promovera a posta en marcha do Proxecto Toponimia de Galicia para a recolleita, introdución nunha base de datos, normativización e dixitalización de toda a microtoponimia galega.

 

  • A páxina web do Concello de Pontevedra, preocupado pola recollida desta información, contén unha relación de nomes de lugar referidos á microtoponimia dos distintos lugares. Atopamos, sobre todo, nomes de fontes, lavadoiros, cruceiros, muíños e, en menor medida de castros, mámoas, casas, pazos…

realiza a túa propria clasificación

  • Partindo dunha selección destes nomes intenta agrupalos realizando a túa propia clasificación (podes axudarte da que expuxemos cos topónimos):

         Mourente: fonte da Capela, fonte da Bouza, muíño do Radabouxo, fonte da Carreira, fonte da Raxeira,                    granxa de Cachafeiro, muíños dos Cortellos, lavadoiro de Cons, cruceiro do Garda Civil, cruceiro de Santa                Margarida, pazo do Conde de Oleiros…
         Marcón: cruceiro de Elisardo, mámoa do Outeiro Redondo, muíño dos Cotos, lavadoiro da Laxiña, fonte da            Pexiga, cruceiro do Moucho, cruceiro do Adro, mámoa da Chan da Raña, cruceiro da Curva da Morte,                      cruceiro do Penedo…

investiga

  • Nesta páxina puideches descubrir o que é a microtoponimia. Realiza un traballo de investigación buscando na internet ou entrevistando a xente maior para que che digan nomes de fontes, regueiros, muíños, píos, lavadoiros, cruceiros, veigas, corredoiras, camiños, eiras, etc. Son quen de explicar a orixe deses nomes? Podes acompañar o traballo dun mapa explicativo e mesmo inventar un xogo da oca con debuxos da túa autoría partindo desas descubertas.