actividades previas


Partimos dunha serie de preguntas (traballo individual):

  1.       Que vemos dende a Fracha? Describe coas túas palabras o que estás vendo.
  2. .      Que elementos da paisaxe destacarías? Cales son aqueles elementos que segundo o teu criterio constrúen esta paisaxe     e axudan a entendelo?
  3.       Que te transmite esta vista dende un punto de vista estético? Por que?. Comproba as respostas dos teus compañeiros de     equipo. Hai coincidencia?  
  4.      Como ben sabes nunha paisaxe hai elementos bióticos, abióticos e antrópicos. Identifícaos a través dunha relación.
  5. .    Cres que hai algún elemento da relación anterior que é dominante ou hai un equilibrio na súa distribución?
  6.    Que cores son as dominantes? E as formas, son diversas ou hai monotonía?
  7.      De cero a dez que valor lle darías a esta vista dende A Fracha?
  8.      Poderías indicar algunha actuación humana que te leve a pensar que está sendo moi agresiva coa paisaxe?
  9.     Que te parece a idea de que neste miradoiro e nos seus arredores se teña previsto acoutar unha superficie para crear un      parque recreativo? Que iniciativas se che ocorren que poderían dinamizar este espazo como lugar de lecer?
  •  Poñemos en común as respostas e consensuamos unha valoración global de todos os aspectos preguntados anteriormente
  •  Agora imos a achegarnos aos aspectos que nos van permitir interpretar mellor esta paisaxe. Nela interveñen moitos elementos que debemos analizar e entender os porqués desas formas. Imos tratar de desentrañar as claves para a súa comprensión