paisaxe industrial


1.       Define polígono industrial

2.       Cales son as vantaxes e os inconvenientes da localización do Polígono do Campiño?

3.       Que organismos promoveron a creación do polígono? Pescuda un pouco máis sobre eles.

4.       Por que cres que é importante para un concello a oferta de solo industrial?

5.       Por que cres que se localiza nun lugar como este?

6.       Que servizos comúns comparten as empresas que se sitúan no polígono?

7.       Que sectores son os que predominan no polígono? Elabora un listado das empresas localizadas neste espazo, agrupándoas por sectores.

8.       Pescuda cales desas empresas teñen páxina web. Indica as que cres que se preocupan máis por investir en innovación e por coidar unha imaxe de marca.

9.       Pescuda cales son grandes, medianas ou pequenas empresas. Que tipo de tamaño é o predominante no polígono? Cales son filiais de multinacionais?

10.   Existe algunha industria de base? Existe algunha de bens de equipo? Existe algunha industria lixeira?

11.   Unha das empresas máis grandes localizadas no polígono do Campiño é a de Treves. Pescuda nesta páxina os seguintes datos:

·         Antigüedade da empresa

·         Tipoloxía de produtos fabricados

·         Número de traballadores

·         Sector industrial ao que pertence

·         Tipo de empresa

·         Cliente principal

                         Que vantaxes cres que atopa esta fábrica no polígono de O Campiño?

12.   Outra das empresas máis significativas localizadas aquí é a fábrica de Reyes Hermanos. Pescuda na páxina os seguintes datos:

·         Tipoloxía de produtos fabricados

·         Antigüedade da empresa

·         Tipo de empresa

·         Sector industrial ao que pertence

·         Indicadores de ter investimento en I+D+i

·         Cliente ao que se dirix

       Que vantaxes atopa esta fábrica situándose no polígono do Campiño?

 

 13.   Elixe algunha outra empresa que te chame a atención e indica os aspectos máis significativos dela.