actividades sobre o módulo físico


  1.   Que é unha ría?.
  2.   Que illas pechan a ría de  Pontevedra?.
    Para saber máis sobre estas illas podes ollar nesta ligazón
  3.  Como se chama a illa interior da ría de Pontevedra?
  4.   Pescuda no que aconteceu na evolución xeolóxica das terras que hoxe corresponden con Galicia. Que foi a cordilleira herciniana? A quen nos soldaba? A partir de cando se produce a separación continental?
    Entra nesta ligazón
  5.  Por que dicimos que Galicia é un territorio fracturado? Que direccións presentan as fracturas na área costeira das Rías Baixas? Ves algunha relación entre a dirección desas fracturas e a orientación das rías e o curso dos ríos costeiros existentes?

Mapas extraídos da páxina do CMATI: 

6.-  Que combinación de fenómenos provoca a creación da ría de Pontevedra?

7.-  Na ría de Pontevedra hai un relevo xermánico. Pescuda en que consiste este tipo de relevo e indica cales          serían os horst no noso caso.

8.-  O lugar onde se asenta a cidade de Pontevedra coincide cunha depresión? Como se denomina? Que                traxectoria trae? Pescuda que ríos do concello de Pontevedra se instalan nela utilizando o mapa desta páxina 

9.-  Dende a Fracha tamén divisamos a cabeceira da Ría de Vigo. En concreto a sección correspondente á                 Enseada de S. Simón. Poderías indicar que río forma a ría de Vigo? Pescuda onde nace ese río e cal é o seu       afluente principal.

10.-  Define esteiro. Indica onde se localizan nos casos da ría de Pontevedra e ría de Vigo. Explica o proceso            sedimentario que ten lugar nese espazo e a importancia económica que ten. Bótalle unha ollada a esta  ligazón

11.-  Atendendo ao mapa xeolóxico de Pontevedra, cales son as rochas que teñen presenza no concello? Cales       son as que dominan na Fracha? Crea unha ficha coas características da rocha dominante na Fracha.

12.-  Define pia e tafoni. Por que se crean estas formas?

13.  Que tipo de solos se asocian con este tipo de rocha? Por que os solos son delgados nesta zona?

 

14.-  Constrúe a gráfica termopluviométrica a partir dos datos da estación de Mourente (Pontevedra)                      recollidos entre os anos 1985-2010

Explica as características das temperaturas e precipitacións contempladas na gráfica: Oscilación térmica, temperatura mínima, temperatura máxima, tipo de inverno e verán, máximo e mínimo pluviométrico, aridez, explicación do matiz observado no clima temperado oceánico... :

Consulta esta ligazón

15-  Compara agora estes datos cos obtidos na estación de A Coruña. Que diferencias observas?

 

16.- Que rio  percorre a Depresión Meridiana? Que regatos lle chegan dende o promontorio da            Fracha?. Por que cres que hai tantas fontes en toda esa aba? Pescuda como se forma un             manancial e indica se coincide a presencia das fontes co emprazamento das entidades de              poboación