paisaxe urbana e periurbana


1.       Cal é o emprazamento escollido pola cidade de Pontevedra? Onde está situada dentro da súa ría?

2.       Pescuda nesta páxina do concello que era o núcleo de Pontevedra en época romana. Que infraestruturas viarias había naquela época en Pontevedra?

3.       Coa caída do imperio romano, Pontevedra pasa por un período escuro, de pouca ou nula información, ata o século XII onde reaparece a actividade sobre o  lugar denominado Pontus Veteri coa concesión dun foro por parte de Fernando II. En que ano ten lugar esa concesión? Aí comeza a nosa historia que ten un momento de esplendor no século XV e XVI. Cales son os factores que explican ese esplendor? En que se traduce ese apoxeo?

4.       A finais do s. XVI e ata o s. XVIII, Pontevedra decae. Pescuda as razóns dese estancamento.

5.       Que factores son os que fan que no s. XIX volva a experimentar unha reactivación? En que se traduce esta reactivación no tecido urbano da cidade?

 

6.       Observa o plano de 1856 de Coello

a)      Poderías identificar o tecido histórico amurallado? Hai moita modificación dese espazo no plano actual?. A praza da Ferrería é o centro da cidade na actualidade; que era entón? Que tipo de actividades se producían nela?

b)      tecido histórico fóra de muralla por onde se estende? Aí podemos localizar as casas dos mariñeiros. Que importancia tiña para a cidade a actividade mariñeira? Atopas ese espazo igual ou está moi modificado?

c)       Ademais do tecido histórico, que outros espazos son perfectamente recoñecibles no plano de 1856?

d)      Observa o viario que nos leva cara fóra da cidade, poderías identificar as rúas coas que se corresponde na actualidade?. Que te chama a atención do espazo que hai entre as rúas que nos levan cara fóra da cidade?

e)      Pescuda o número de habitantes de Pontevedra en 1900. Segundo o tamaño da poboación como dirías que era Pontevedra entón? Sería moito máis grande que a Pontevedra do s.XVI?. Busca os datos de poboación de Vigo en 1900 e saca algunha conclusión

f)       Pescuda agora o número de habitantes de Pontevedra en 1950 e no ano 2000. Podemos dicir que o crecemento urbano da cidade ten lugar no século XX? Cres que ese crecemento foi ordenado? Por que?

 

7       Nos anos 60 e 70 comeza a operarse unha transformación moi potente no tecido urbano. Unha desas iniciativas foi a creazón do barrio de Campolongo onde antes había a estación de ferrocarril e as vías. Podes recoñecer ese espazo?. Pescuda sobre o barrio de Campolongo e indica de quen parte a iniciativa de construír o barrio, cando ten lugar a construción dos edificios e que estilo construtivo domina. Recomendamos unha ollada a esta páxina e  esta outra

 

8.-      Durante eses anos do “desarrollismo” a falta de ordenación do territorio provoca un crecemento macizo da             cidade, sen áreas verdes, sen áreas peonís e sen infraestruturas para absorber o uso e abuso do automóbil.           Pescuda  en que consiste e cando se elabora un Plan de Ordenación Urbana en Pontevedra.                             

9.-     Que medidas se tomaron para mellorar eses espazos macizos? Pescuda nesta información que che ofrece o              Concello de Pontevedra

10.-    Observa as fotografías das diferentes rúas de Pontevedra que hai nesta páxina                                                  Elixe as fotografías de rúas tan concorridas como Benito Corbal, Praza Compostela ou Michelena. En todas             elas vese unha evolución; trata de explicala. Que diferenzas máis notables hai entre as imaxes                               correspondentes aos anos sesenta e a actualidade?

11.     Dende a Fracha o territorio de Pontevedra está ocupado pola cidade e por núcleos rurais que foron                       medrando dando lugar a unha nebulosa de casas polo medio rural. Que problemas pode traer ese tipo de             ocupación do territorio?

12.     Neste conxunto aparentemente caótico hai unha organización do territorio que xira arredor da aldea e                   dentro dela o barrio e o casal, pero todas elas quedan englobadas pola parroquia, unha división territorial           eclesiástica. A parroquia ten unha profunda raizame entre a poboación galega polo que supón de                         microuniverso perfectamente delimitado sobre o que se viñeron producindo as relacións ao longo da                      historia. Pescuda nesta páxina cales son as parroquias de Pontevedra e o número de lugares que hai no            concello. 

13.      Vendo un mapa serías quen de identificar os núcleos marcados cun número que se poden ollar dende A                Fracha nesta imaxe

  

 14.             Define espazo periurbano