impactos na paisaxe


              As canteiras son unha actividade frecuente en Galicia. Pescuda sobre este sector:

·         Importancia económica desta actividade en Galicia

·         Emprego creado en Galicia

·         Produto extraído e destino da produción

·         Reparación do impacto paisaxístico unha vez terminada a explotación da canteira. Recolle varias ideas na rede

Consulta as seguintes ligazóns. ( preme nos cadrados)


     A Ubicación dos polígonos de O Campiño e da Reigosa obrigou e obriga a obras de infraestrutura             que  transformaron a paisaxe circundante. Poderías indicar cales foron esas obras?

     Consulta as seguintes ligazóns. ( preme nos cadrados)



Os polígonos industriais son solo preparado para esa actividade. Non obstante as veces prodúcense incidencias que son denunciadas. Le estas novas e elabora un pequeno informe


A polémica do trazado da A-57 levou aos veciños a crear unha plataforma con moita                                     presenza na rede:

Consulta as seguintes ligazóns. ( preme nos cadrados)

  Que razóns alegan para opoñerse a esta obra?


Por que dí a ministra que esta obra é de xustiza social?

Cal é a postura do Concello?


 Neste artigo poderás ver unha relación das protestas que en Galicia levantan a creación das obras de infraestruturas, os seus argumentos e finalmente unhas conclusións xerais sobre a febre de construción de vías de alta capacidade en España


Despois de ler este artigo estás de acordo na necesidade de construír a A-57?

 Con todo sempre se podería facer unha obra sensible co medio. Observa esta páxina e dá a túa opinión:


 A eucaliptización de Galicia, en especial a provincia de Pontevedra, co conseguinte empobrecemento do solo    do monte, está sendo obxecto de crítica en moitos espazos da rede, coincidindo coa prórroga outorgada polo        goberno a ENCE para poder continuar co seu proceso produtivo nos terreos de Lourizán. O espazo que                  estamos a estudar é un caso moi claro de ocupación do monte por especies de rápido crecemento e unha              orientación moi limitada dos usos que se poden desenvolver nunha área como esta. Le estas ligazón e indica        cales son os argumentos para relacionar eucaliptización e a presenza de ENCE

      Consulta as seguintes ligazóns. ( preme nos cadrados)


Que efectos produce o monocultivo do eucalipto?

A dispersión do caserío por todo o territorio do concello crea unha pegada ecolóxica moi forte.

Le os seis primeiros puntos desta ligazón e indica cales son os problemas que crea a urbanización difusa:


Le agora esta outra ligazón para entender mellor eses problemas


Cal deses problemas está presente no noso caso de Pontevedra?