xogando coas cantigas populares


 Comenta Carreras Candi que Luis de la Riega, na súa obra El río Lérez fala das rivalidades entre os veciños de Lérez e Mourente. De aí estes versos:

 

a)      En que feitos se basean para defender a súa terra e atacar ou desprezar a dos outros?

     b)      Indica a métrica e a rima desa estrofa propia da literatura popular.

     c)       Ocúrreseche unha melodía que poida acaerlle ben?

Estas liortas verbais a través da poesía lévannos ás famosas regueifas, que na actualidade se reinventan no rap nas chamadas “pelexas de galos”. Dividide a clase en dous bandos: un deles representará aos fillos dos que naceron en Pontevedra capital e o outro a aqueles e aquelas descendentes dos oriúndos de concellos próximos. Enfrontádevos a través de versos nos que prime o humor e a ironía, sen recorrer ao insulto. Unha vez escritos podedes tamén musicalos. Debes incluír nomes de lugar deses concellos limítrofes.

O folclore galego é moi rico, e iso que se transmitiu oralmente! De feito hai uns anos loitárase para que se considerase Patrimonio da Humanidade. En relación con esta idea xurdiu, por exemplo, o programa da TVG Alalá. Que cancións populares coñeces nas que aparezan algúns topónimos da zona e arredores?

 

Como mostra as seguintes que debes completar.

 

Obradoiro de poesía popular. Escribe as palabras suprimidas ao final de certos versos tendo en conta a rima que lles corresponde. As cantigas están relacionadas coa zona que nos ocupa.

 

 

CANTIGAS EXTRAÍDAS DE Eu non canto por cantar, Cancioneiro popular  de Galicia, recompilado por Manuel Rico e Antón Santamarina