outros topónimos aludidos


  • Bértola (concello de Vilaboa) provén do nome persoal feminino Bértula ou Bértola, unha señora ou posesora influente do lugar, daquela trátase dun antropónimo. Este parece máis recente que o Bértoa pertencente ao concello de Carballo porque non rexistra a desaparición do –l-. Semella de orixe xermánica porque podería conter o adxectivo bairht-s, que tiña o significado de “brillante, claro, ilustre”. A terminación –oa fainos pensar nun diminutivo, afín ao de bágoa <BACULA, pero chega a nós o diminutivo de baca, “baga, semente”, que por unha metáfora evidente pasou a significar “bágoa”. Por outra banda, Carreras Candi sitúa en Bértola os seguintes montes: Loureda, Caeiro, Loureiro e Rego de Auga.

 

  • Figueirido preséntasenos coma un fitotopónimo bastante claro, referido a un conxunto de figueiras.

I

  • llas Erbedosas (concello de Vilaboa). Están próximas á desembocadura do río Verdugo. De acordo con este fitotopónimo no lugar debeu ser abundante o érbedo, procedente do latín ARBUTUS, segundo indicaba xa Sarmiento, árbore de follas parecidas ao loureiro con froitos pequenos, redondos, de cor vermella e superficie granulada (disque flatulentos). Nace espontaneamente nos lugares poucos soleados dos montes baixos de Galiza.

 

  •  Pontevedra procede do latín vulgar *Pontevetera, en alusión a unha ponte vella sobre o río Lérez. É pois un odotopónimo.

 

  • Serra do Candán. Algúns relaciónano co latín CANDERE, “arder”, pero parece que a procedencia xa é prerromana. Gonzalo Navaza pensa que talvez proceda dun CANDANU e significara “lugar onde se facía lume ou fogueiras”.  Segundo Cabeza Quiles, dada a súa natureza rochosa, parece provir da partícula *cand, quizais emparentada con *cant, “pedra”, ademais debeu haber alí algún culto pagán relacionado con Xúpiter Candamio. En todo caso as dúas explicacións son comprensibles, tendo en conta que o lugar se relaciona con lendas sobre certos ritos con lume executados nos seus penedos máis altos.