OS NOMES DOS LUGARES


UNHA OLLADA POLA TOPONIMIA DA ZONA


Situémonos primeiro:

  • Desde o alto do monte da Fracha, que se prolonga co monte Loureda, podemos ver a cidade de Pontevedra e, de Norte a Sur, parte das parroquias do concello homónimo, como Mourente, Marcón ou Tomeza, o lugar de Bértola (do concello de Vilaboa) e Figueirido.

 

  •  Cómpre lembrar tamén, co fin de entendermos mellor a orixe de moitos dos topónimos da zona, que A Fracha sinala a divisoria entre a cunca do río Lérez e as cuncas do Verdugo e do Oitavén.
  • Para consultar todos os nomes das parroquias aludidas e dos seus respectivos lugares podedes entrar nestes enlaces:

          Nomenclator da Xunta de Galicia

          Concello de Pontevedra

  • Neste traballo só imos estudar os nomes dos lugares das parroquias máis próximas á Fracha: Marcón, Tomeza, Mourente e A Canicouva.

 

  • En primeiro lugar non podemos pasar por alto o principal topónimo inspirador deste traballo, A Fracha, do latín FRACTA, “brecha” en baixo latín. Terreo con aristas rochosas, pasos. Terreo abrupto con pedras soltas e rotas. Orotopónimo no que o grupo –CT- evoluciona a –ch-. 


clasificación dos topónimos

Agrotopónimos

Nomes de lugar relacionados coa agricultura.


ANTROPOTÓNIMOS

(antropo, home en grego). Lugares que veñen de nomes ou alcumes de persoas


ASENTAMENTOS HUMANOS

Que toman o seu nome das construcións feitas polo home.


Fitotopónimos

(fito, planta en grego). Nomes de lugar referidos a plantas, árbores, froitos e vexetación en xeral.


Haxiotopónimos

(agios, santo en grego). Nomes de lugar referidos a santos. Construcións relixiosas e posesións eclesiásticas.


Hidrotopónimos

(hidro-, auga en grego). Nomes que fan referencia á auga, ríos, regueiros, fontes, pozos, canles…


Litotopónimos

(lithos, pedra en grego). Terreo sonde abunda a pedra, canteiras, penas, etc.


Odotopónimos

Referidos ás vías de comunicación.

 


Orotopónimos

(oro, monte en grego). Referidos á orografía do terreo, ao aspecto ou á conformación da terra: montes, vales, accidentes costeiros…


TOPÓNIMOS ARQUEOLÓXICOS

Nomes de lugar relacionados con xacementos arqueolóxicos, nomeadamente os prehistóricos.

 


TOPÓNIMOS DE DURACIÓN

Falan sobre a orientación e posición no terreo.