FICHA DIDÁCTICA DO PROXECTO


TÍTULO DO PROXECTO

A Paisaxe dende A Fracha. Unidade didáctica para a materia de Paisaxe e Sustentabilidade

XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO

Esta unidade didáctica nace despois de ter coñecemento de que o Concello de Pontevedra pretende facer un parque periurbano na área da Fracha. As posibilidades didácticas deste mirador son enormes. Podemos aprender a ver a xénese das rías, a transformación do medio natural polo ser humano (actividades agrarias, industriais, transporte) o lugar de emprazamento de Pontevedra, os impactos que producen as actividades humanas e as infraestruturas viarias ou simplemente aprezar os valores estéticos e paisaxísticos que produce contemplar dúas rías (a de Vigo e a de Pontevedra)e unha ocupación extensiva do territorio que dá lugar ao fenómeno da cidade difusa. 

 

NIVEL

 2º ESO. Para o alumando da materia propia do centro, Paisaxe e Sustentabilidade en 2º ESO. Esta unidade didáctica tamén pode ser empregada en 3º ESO, profundando nalgunhas cuestións que en 2º da ESO quedan tratadas de xeito máis superficial 

 

PRODUTO FINAL

Elaboración dun skyline da cidade de Pontevedra + unha infografía sobre os valores paisaxísticos dende A Fracha.

Valoramos así a capacidade de síntese nun tema tan complexo como o do territorio ademais da creatividade.

 

RELACIÓN CO CURRICULO

Tendo en conta que no DCB de Galicia hai unha materia que pode ser ofertada polos centros denominada Paisaxe e Sustentabilidade, a relación é total.

 

FASES DE DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA

Fase inicial

Partimos dunha pregunta básica: Que vemos dende a Fracha?. Describimos o que vemos. Aí comezan as dificultades. Vemos elementos, pero non os consideramos en conxunto, interrelacionados, vémolos soltos nunha mestura que transmite unha emoción, pero da que non tiramos ningunha conceptualización.

 

documentación sobre o tema

Na consulta da páxina web  aparece todo o contido, coas súas correspondentes actividades, para profundar en cada un dos elementos:

  • Medio Físico: Relevo, litoloxía, vexetación, augas
  • Intervención do ser humano: paisaxe agraria, industrial, infraestruturas viarias, paisaxe urbana, impactos medioambientais
  • Os nomes dos lugares: Catro parroquias: Marcón, Mourente, A Canicouva, Tomeza. 
  • A poética da paisaxe: Vistas na historia da pintura sobre Pontevedra

desenvolvemento

En Xeografía e Historia, o traballo deberá repartirse  en equipos de catro ou cinco persoas. Cada equipo elabora unha parte do cuestionario. Nos equipos sempre haberá unha posta en común do traballo individual. Unha vez elaborado, cada un dos membros do equipo converterase en experto dese tema. De xeito interdisciplinar debatirán sobre o texto e as imaxes a colocar na infografía representativa dos valores da paisaxe dende A Fracha.

Finalizados os traballos cada grupo xustificará en público as razóns da elección de contidos e argumentos para elaborar a infografía. Votación da que representa ao grupo clase.

 

No caso da materia de Educación Plástica deberán actualizar a imaxe de Pontevedra debuxada en 1669 por Pier María Baldi.

difusión

  • Na web, na páxina creada ex profeso para tratar estes contidos na propia aula virtual do IES Sánchez Cantón.
  • Na revista do centro para chegar a toda a comunidade escolar. 
  • Entre os docentes para que fagan unha avaliación do proxecto:
  • Ao concello de Pontevedra para que teña en conta os valores educativos dese proxecto de crear un parque periurbano na Fracha.
  • Á Consellería de Educación  a través do Plan Proxecta

 

temporalización

Para a materia de Xeografía e Historia

Para a materia de Debuxo, Educación Plástica e Visual

Para a materia de Lingua e Literatura Galega:

Unha semana e media

Requisitos materiais e humanos:

  • Fotografías.
  • Artigos de prensa sobre os impactos medioambientais
  • Páxinas web sobre diferentes temas
  • Aplicación para elaborar infografías
  • Papel vexetal
  • Cartolinas de cores
  • Ordenadores
  • Mapas das parroquias afectadas polo parque periurbano
  • Documentais sobre toponimia, o monte comunal...

 

avaliación

A avaliación parte dunhas actividades previas para familiarizarse coas cuestións máis xerais da interpretación dunha paisaxe. Durante o proceso cada grupo irá contrastando as achegas dos seus membros sobre os diferentes apartados do tema e procederán a crear o produto final. Aí haberá unha posta en común de cada grupo defendendo a súa proposta.

O alumnado ao final debería comprender os diferentes elementos que configuran a paisaxe (elementos bióticos, abióticos e antrópicos), as transformacións feitas polo ser humano e os seus impactos negativos, a necesidade de ordenar o territorio, a identificación daqueles elementos organizadores da paisaxe que perduran no tempo e a ligazón entre ser humano e territorio así como os nomes da terra.

O alumnado debe coñecer previamente a través dunha rúbrica os criterios que van medir a calidade do seu produto final.

Finalmente o alumnado deberá cumprimentar un formulario en google onde expresará a súa opinión sobre diversos temas. 

 

rúbrica