actividades sobre o módulo de toponimia


A toponimia galega supón unha enorme riqueza, co valor engadido da súa antigüidade, xa que por veces se remonta a un pasado mesmo anterior á chegada dos romanos.

Aínda cinguíndonos á zona da Fracha e aos lugares próximos ofrécenos un interesante abano de cuestións nas que traballar dende o punto de vista lingüístico e literario.

 

Na súa clasificación achegarémonos ao significado de determinados prefixos e ás relacións semánticas xurdidas entre hiperónimos e hipónimos, ampliaremos o vocabulario cos topónimos transparentes, coñeceremos datos sobre a formación de xentilicios e sobre a propia xeografía da zona.

 

 

Unha vez feita esta toma de contacto cos nomes de lugar damos un paso máis a través de xogos literarios, creando microrrelatos a partir dun topónimo inventado ou recorrendo ás cantigas da literatura popular galega. Mesmo podemos sacar partido da transversalidade do tema complementando estas actividades desde a música e a plástica.