paisaxe agraria


 

  1. Define agricultura a tempo parcial.
  2. Que cambios observas nas aldeas  e no campo circundante da imaxe actual respecto do mesmo espazo no ano 1956 ?

 

3..- Por que cres se producen eses cambios? Pescuda nos cambios que se producen na economía e a sociedade           española nos últimos sesenta anos e que poidan explicar esas mudanzas.

4. -Mudou moito a debuxo das parcelas? Como é o parcelario?

5. - Onde cres que hai máis orde espacial  na imaxe actual ou na imaxe do 56? Argumenta a resposta.

6. - Na imaxe, o río Tomeza delimita de xeito natural a parroquia de Tomeza respecto da de Salcedo. Cal das dúas       presenta o habitat máis diseminado e á vez máis peso demográfico? En torno a que elemento se vai                        distribuíndo o caserío?

7. -  Cal cres que é o sistema de cultivo? Que cultivan?

8.-  Localiza nun mapa a aldea de Lusquiños e indica os factores físicos que condicionan os cultivos: relevo, solos e       clima.

9. - Rodeando ao curso fluvial do río Tomeza se estenden as terras de veiga. Que diferencia observas entre as             dúas imaxes neste espazo de veiga? Por que cres que acontece isto?

10.-  A parte arborada aumentou ou diminuíu? Onde cres que pode localizarse: nos lugares chairos ou nos                    lugares de maior pendente? Argumenta a resposta. Pescuda as especies que ocupan esa superficie.

11. - Cres que é positivo que se manteña esa paisaxe agraria no territorio do concello ou cres que é unha paisaxe         residual con tendencia a desaparecer?

12.-  Pescuda na páxina do IGE, consulta nos censos agrarios dos anos 1999 e 2009 os seguintes datos:

  • Superficie agrícola do concello
  • Superficie agraria útil (SAU)
  • Usos desa superficie agraria útil
  • Tamaño das explotacións agrarias
  • Aproveitamento das terras labradas
  • Sistema de propiedade das explotacións

13.  Vendo eses datos, observas algunha evolución? cal é o uso ao que se destina máis superficie no concello?  

14.  Que porcentaxe de SAU hai no concello? Pescuda cal é a porcentaxe de SAU da que dispón Galicia e a                    provincia de Pontevedra e compara os datos.  Como explicas esa cantidade de SAU no concello?