LITOLOXÍA

 

  • O rochedo dominante no monte da Fracha é o granito de dúas micas con intrusións de vetas de cuarzo. O granito é unha rocha ignea, magmática de lento enfriamento que aflora na superficie actual despois da desaparición dos materiais depositados enriba tras o pregamento hercínico. Galicia ao ser borde continental presenta procesos de lento afloramento de magma á superficie. Esta rocha, formada por feldespato, mica e cuarzo, atacada pola erosión e a meteorización aparece disgregada nos seus elementos constitutivos que son arrastrados pola auga cara os ríos e que os depositan na desembocadura.

  • O granito presenta diaclasas, superficies de rotura, en sentido horizontal e en sentido vertical dando lugar á típica formación de castelos naturais. A Fracha é unha elevación moi regada polos ventos húmidos e cargados de sal procedentes do Atlántico. Esta auga queda sobre a superficie da rocha dando lugar á formación de pias e taffonis. 

  • Na imaxe superior podemos ver unha charca formada sobre unha cavidade natural feita sobre rocha granítica denominada pia (gnama). Estamos ante un proceso de meteorización da rocha.Na imaxe inferior podemos ollar un penedo granítico que presenta diaclasas horizontais sobre as que se inician procesos de creazón de tafonis.

 

  • A Fracha é un enorme batolito granítico que ten unha altura de 542 m. Pertence á serra da Fracha. Esta serra que se prolonga nunha dirección NW- SE constitúe unha sucesión de afloracións graníticas moi fracturadas entre as que destaca Coto Franqueira (552 m) ou o Coto da Pena Longa de Pintos (498 m). Serve de divisoria entre os concellos de Pontevedra e Ponte Caldelas.