PATRIMONIO CULTURAL


  • O concello de Pontevedra ten un patrimonio cultural moi rico, froito do peso histórico que tivo o modo de vida rural no conxunto da sociedade ata os anos 60 do pasado século. Pontevedra comparte esa riqueza patrimonial común a todos os núcleos de Galicia: lavadoiros, muíños, fontes, pontellas, pontes, camiños coa pegada das rodeiras delimitados por muros de cachotería, cruceiros, petos de ánimas, eirados, hórreos; elementos que deron sentido a un mundo que foi esmorecendo paseniñamente en medio das profundas transformacións que implica o modo de vida urbana.

 

  • Tendo en conta que isto forma parte da memoria dun pobo e que estes elementos tiveron un enorme significado na comunicación do ser humano coa natureza, ao punto de converterse en signos identitarios da nosa cultura, é obriga das actuais e as vindeiras xeracións coidalos e poñelos en valor. O esquecemento e mesmo o desprezo cara o produto da cultura popular observado nas décadas finais do s. XX troca afortunadamente, co cambio do século, en valorización. Ese patrimonio material de tipo etnográfico debe ser mantido como unha herdanza que singulariza a un territorio en tempos de globalización. Cada parroquia debe sentirse orgullosa de posuír esa riqueza patrimonial e gozar da súa presenza. Son elementos que dialogan coa natureza, que souberon integrar a necesidade humana no medio natural sen destruílo, son produto dunha intelixencia secular, lenta e silenciosa que respecta o territorio.

 

  • O concello de Pontevedra ten catalogado ese patrimonio que podedes ollar nesta ligazón se imos premendo en cada unha das parroquias

 

  • No espazo que ocupará o futuro parque periurbano de A Fracha queremos salientar o paso dunha ruta que vén dende a parroquia de A Canicouva e se dirixe a Mourente. Nese roiteiro podemos ollar muíños  

Ao lado dese patrimonio material hai que destacar o inmaterial que se recolle noutro apartado do tema.