As canteiras son unha actividade frecuente en Galicia. Pescuda sobre este sector:
· Importancia económica desta actividade en Galicia
· Emprego creado en Galicia
· Produto extraído e destino da produción
· Reparación do impacto paisaxístico unha vez terminada a explotación da canteira. Recolle varias ideas na rede
Consulta as seguintes ligazóns. ( preme nos cadrados)
A Ubicación dos polígonos de O Campiño e da Reigosa obrigou e obriga a obras de infraestrutura que transformaron a paisaxe circundante. Poderías indicar cales foron esas obras?
Consulta as seguintes ligazóns. ( preme nos cadrados)
Os polígonos industriais son solo preparado para esa actividade. Non obstante as veces prodúcense incidencias que son denunciadas. Le estas novas e elabora un pequeno informe
A polémica do trazado da A-57 levou aos veciños a crear unha plataforma con moita presenza na rede:
Consulta as seguintes ligazóns. ( preme nos cadrados)
Que razóns alegan para opoñerse a esta obra?
Por que dí a ministra que esta obra é de xustiza social?
Cal é a postura do Concello?
Neste artigo poderás ver unha relación das protestas que en Galicia levantan a creación das obras de infraestruturas, os seus argumentos e finalmente unhas conclusións xerais sobre a febre de construción de vías de alta capacidade en España
Despois de ler este artigo estás de acordo na necesidade de construír a A-57?
Con todo sempre se podería facer unha obra sensible co medio. Observa esta páxina e dá a túa opinión:
A eucaliptización de Galicia, en especial a provincia de Pontevedra, co conseguinte empobrecemento do solo do monte, está sendo obxecto de crítica en moitos espazos da rede, coincidindo coa prórroga outorgada polo goberno a ENCE para poder continuar co seu proceso produtivo nos terreos de Lourizán. O espazo que estamos a estudar é un caso moi claro de ocupación do monte por especies de rápido crecemento e unha orientación moi limitada dos usos que se poden desenvolver nunha área como esta. Le estas ligazón e indica cales son os argumentos para relacionar eucaliptización e a presenza de ENCE
Consulta as seguintes ligazóns. ( preme nos cadrados)
Que efectos produce o monocultivo do eucalipto?
A dispersión do caserío por todo o territorio do concello crea unha pegada ecolóxica moi forte.
Le os seis primeiros puntos desta ligazón e indica cales son os problemas que crea a urbanización difusa:
Le agora esta outra ligazón para entender mellor eses problemas
Cal deses problemas está presente no noso caso de Pontevedra?
Unidade Didáctica dirixida ao alumnado de 3º ESO ies Sánchez Cantón, deseñada dentro do marco do Plan Proxecta na temática de Paisaxe e Sustantibilidade
Curso 2015-2016
Coordinador:
Humberto Martínez Gargamala
CONTACTO
humart64@gmail.com
Colaboradores:
Carmen Pernas Lorenzo
Ana Vidal Meixón
Páxina web
Convidámoste a visitar tamén Dende o patio ao barrio, outra unidade didáctica do mesmo coordinador sobre Paisaxe e Sustentabilidade