A páxina web do Concello de Pontevedra, preocupado pola recollida desta información, contén unha relación de nomes de lugar referidos á microtoponimia dos distintos lugares. Atopamos, sobre todo, nomes de fontes, lavadoiros, cruceiros, muíños e, en menor medida de castros, mámoas, casas, pazos…
Partindo dunha selección destes nomes intenta agrupalos realizando a túa propia clasificación (podes axudarte da que expuxemos cos topónimos):
Mourente: fonte da Capela, fonte da Bouza, muíño do Radabouxo, fonte da Carreira, fonte da Raxeira,
granxa de Cachafeiro, muíños dos Cortellos, lavadoiro de Cons, cruceiro do Garda Civil, cruceiro de Santa Margarida, pazo do
Conde de Oleiros…
Marcón: cruceiro de Elisardo, mámoa do Outeiro Redondo, muíño dos Cotos, lavadoiro da Laxiña, fonte da Pexiga, cruceiro
do Moucho, cruceiro do Adro, mámoa da Chan da Raña, cruceiro da Curva da Morte, cruceiro do Penedo…
Nesta páxina puideches descubrir o que é a microtoponimia. Realiza un traballo de investigación buscando na internet ou entrevistando a xente maior para que che digan nomes de fontes, regueiros, muíños, píos, lavadoiros, cruceiros, veigas, corredoiras, camiños, eiras, etc. Son quen de explicar a orixe deses nomes? Podes acompañar o traballo dun mapa explicativo e mesmo inventar un xogo da oca con debuxos da túa autoría partindo desas descubertas.
Unidade Didáctica dirixida ao alumnado de 3º ESO ies Sánchez Cantón, deseñada dentro do marco do Plan Proxecta na temática de Paisaxe e Sustantibilidade
Curso 2015-2016
Coordinador:
Humberto Martínez Gargamala
CONTACTO
humart64@gmail.com
Colaboradores:
Carmen Pernas Lorenzo
Ana Vidal Meixón
Páxina web
Convidámoste a visitar tamén Dende o patio ao barrio, outra unidade didáctica do mesmo coordinador sobre Paisaxe e Sustentabilidade